jueves, 6 de junio de 2013

jueves, 13 de diciembre de 2012

Ok GO é un grupo de música que ten a particularidade de que casi todos os seus videoclips están relacionados con técnicas fotográficas ou videográficas, usando stop motion, slow motion, timelapses, etc...

Son sempre creacións audiovisuais de baixo presuposto e grandes dosis de creatividade.

Déixovos un dos vídeos.

Ejercicios de Avaliación. Fotos de retratos.

Lembrade que o retrato pode representar aspectos físicos dunha personaxe, pero tamén psicolóxicos.

É moi habitual que o retrato sexa de busto, cara ou corpo completo, pero as posibilidades son infinitas.
Se aparecen ollos, o foco deberá estar neles.

Para reducir a profundidade de campo podemos:
  • Achegarnos ó motivo.
  • Abrir o diafragma.
  • Ampliar a distancia focal (facer zoom)

 EXERCICIOS

Baixo luz natural (a plena luz do sol)
  • Sombras duras
  • Enchendo as sombras (cun reflector)
  • Á sombra

Contraluz
  • disparando sin flash
  • Disparando con flash/enchendo as sombras

Luz artificial (iluminación localizada, lateral, de cor, etc...)

  • Sin encher.
  • Enchendo.

Que é iso de encher as sombras?
Consiste en usar unha luz ou un reflector (folla de papel branco, parasol metálico de coche... ou mesmo reflectores profesionais) para suavizar as sombras e darlle volumen e textura.

viernes, 28 de septiembre de 2012

Benvidos ó Blog

Ola, benvidos ó Blog da asignatura Cultura Audiovisual de Primeiro do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro.

Aquí atoparecedes as tarefas para desenvolver ó longo do curso, así como unha relación dos blogs dos alumnos e algunhas unidades didácticas.

Espero que vos sexa útil.

Son Pascual Vidal, profesor do Departamento de Debuxo, velaí van os meus enderezos electrónicos e o do blog que estás a visitar.

pascualvidal.barranha@gmail.com

ticbarranha1213.blogspot.com

Unha aperta.